O Conservatorio de Música de Viveiro ía trasladarse ao edificio do hotel Venecia

La Voz

VIVEIRO

PEPA LOSADA

1993

19 ene 2018 . Actualizado ás 16:24 h.

O Conservatorio de Música de Viveiro trasladarase en breve ao antigo hotel Venecia, que se acha contiguo. Así o comunicou o alcalde viveirense, César Aja, en Antena-3. Unha vez que se inauguren as novas dependencias dos Xulgados no edificio de servizos sociais, actualmente en obras de rehabilitación interior, o goberno local ten previsto ocupar o edificio do hotel Venecia para impartir ensino de música.

«A nosa intención é trasladar o Conservatorio para o edificio do hotel Venecia, mentres arranxamos as dependencias desta vella Escola de Música, aínda que o Conservatorio podería instalarse definitivamente neste edificio xa que entendemos que é o lugar idóneo», manifestou o rexedor municipal viveirense.

Adaptación

«Debemos adaptar o Conservatorio para impartir ensino segundo o novo modelo da Logse. No próximo mes de abril ou maio sae unha orde da consellería de Educación, para poder transformar os Conservatorios en profesionais, grao ao que optamos tamén en Viveiro. Temos máis de mil matrículas, con alumnos de Tapia ata Ortegal e entendo que cumprimos todas as condicións requiridas para poder optar ao grao profesional. Isto suporá un maior gasto para o Concello, pero creo que compensará, sin duda», engadía para rematar o alcalde César Aja Mariño.