Un megayate de luxo fondea no interior da ría de Viveiro

S. SERANTES VIVEIRO/ LA VOZ

VIVEIRO

PEPA LOSADA

O «Grand Rusalina» roza os 60 metros de eslora e ten heliporto

19 ago 2017 . Actualizado ás 16:17 h.

Desde pouco antes do mediodía deste sábado está fondeado no interior da ría de Viveiro, á altura da praia de Covas, un megayate de luxo, o Gran Rusalina. Desde diferentes puntos da costa pode verse unha embarcación que chama a atención polas súas case 60 metros de eslora e un deseño que lle permite navegar por todo tipo de climas. Entre outros equipamentos, conta cunha pista de aterraxe para helicópteros, piscina e, segundo algunhas fontes, incluso un minisubmarino para cinco persoas.

Con bandeira de Illas Caimán, o Gran Rusalina foi construído no ano 2003 por Trinity Yachts en New Orleans (EE.UU.). Modernizado fai tres anos, ten once metros de manga e tres de calado. Outras das súas características son o casco de aceiro, unha superestructura de aluminio con cuberta e un motor equipado cun sistema de estabilización que reduce o efecto do movemento.

O seu valor estímase nuns 32 millóns de euros, e adoita alugarse para viaxes privadas. Pode aloxar ata dezaseis pasaxeiros en oito camarotes, un deles suite principal e outro VIP. Dispón tamén de nove camarotes para a tripulación.

O Gran Rusalina fondeou na ría de Viveiro despois de navegar durante as últimas fronte a toda a costa da Mariña lucense. O seu anterior destino foi Xixón, en Asturias.