Arde un coche estacionado no centro de Ribadeo

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

FACEBOOK VILLA DE RIBADEO

Acudiron á alerta os bombeiros de Barreiros, Guardia Civil, policía local e Protección Civil

06 nov 2025 . Actualizado á 22:39 h.

Un coche ardeu este xoves a última hora da tarde, en Ribadeo. Estaba estacionado na confluencia das rúas Paco Lanza e Cantarrana, cando por razóns que se ignoran comezou a arder. Ao parecer, o propietario manifestou que o deixara estacionado e ao pouco tempo viu como empezaba a botar fume polo motor. Á alerta acudiron os bombeiros de Barreiros, Protección Civil, policía local e Guardia Civil. O vehículo non tiña outros próximos, co cal as chamas non provocaron máis danos. O suceso ocorreu pasadas as oito da tarde.