A volta dun clásico, punto de encontro de galegos e asturianos, o pub Muíño de Ribadeo

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

Tras case dous anos pechado, o establecemento ribadense abrirá mañá venres con nova dirección

02 dic 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O lecer nocturno ribadense recupera unha das súas mellores bazas, o Muíño, un clásico da noite, que reabrirá mañá con nova dirección, catro amigos, dous dos cales ademais xa foron camareiros hai anos no propio Muíño. «Non tiñamos nada plantexado, pero xurdiu a oportunidade e decidimos lanzarnos», comenta Jose, que nos últimos días afánase cos seus compañeiros na posta a punto do local, ao que lle deron unha volta: «Esperamos que a xente volva polo Molino, porque é un local moi querido onde pasalo ben. Confiamos en que lles guste a todos a nosa proposta».

A liña será a que viña mantendo o Muíño, música variada e diversión desde as 23.00 horas ata as 5 da madrugada. De momento esta ponte abrirán venres, sábado, domingo e martes. E despois, de forma estable farano os venres e sábados, probablemente incluíndo algunha actuación os venres. Para abrir boca, este venres invitarán á segunda copa a todos os clientes que entren antes das 2.30 (xa do sábado).

«En Ribadeo a oferta de ocio nocturno baixou moito, por peches que houbo e pola pandemia, así que esperamos que a xente volva polo Molino, como fixo sempre e volva a ser un referente. Nós estaremos aí para recibir a todos», engadiu Jose.