Presentación en Ribadeo do novo documental e exposición sobre a riqueza patrimonial da ría

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

Este venres pola tarde, no peirao de Porcillán

30 jul 2021 . Actualizado ás 12:53 h.

O proxecto Argos segue adiante coa presentación, este venres pola tarde, do documental e a exposición "Memoria e patrimonio baixo a ría". Será ás 20.30 horas, na rosa dos ventos do peirao de Porcillán e, no caso de que chova, no hangar. 

Intervirán David Fernández Abella, investigador da Universidade de Santiago de Compostela; Miguel Busto Zapico, investigador da Universidade de Granada, e María de la Fuente Ferreiro, restauradora e conservadora de bens arqueolóxicos.