«Heroes en zapatillas», o videoclip de ánimo e esperanza de músicos de Ribadeo

j.a. quelle RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

Cedido

Compuxeron e gravaron cada un a súa parte da canción nos seus propios domicilios

02 abr 2020 . Actualizado ás 21:58 h.

«Heroes en zapatillas» é o título da canción gravada por varios membros de grupos musicais de Ribadeo, que durante o seu confinamento quixeron achegar así o seu gran de area para subir a moral da xente e infundir ánimo e esperanza a través da música. Cada un gravou a súa parte nos seus domicilios e fixeron un videoclip que desde a súa publicación o día 30 en Youtube xa foi visto por máis de dous miles presentas.

Fillo García, Roberto Martínez, Mario Orosa, Daniel Díaz, Prisco Prieto e Cherry están detrás da composición da música e a letra e os arranxos; con Daniel Díaz, Prisco Prieto e Mario Orosa ás guitarras; Fillo Garcia ao baixo, e Cherry á voz. Da produción do vídeo encargouse Daniel Díaz.

Un destes músicos, Fillo García explica: «Nestes días extraños, nos que cada un procura ocupar o seu tempo co que máis lle enche dentro das limitacións do encerro no que estamos sumidos, varios compañeiros xuntamos forzas e tempo para facervos chegar esta creación de fabricación propia gracias ás novas tecnoloxías, aportando cada un a súa presada de area dende o seu fogar. Esta é a nosa pequena homenaxe ás persoas que se foron e ás que evitan que se vaian, ás que saen por nosoutr\s e ás que quedan na casa. Que a música non pare nunca!! Compartide esta mensaxe!!».