Apertura de Entroido estilo anos 20 en Ribadeo

e. g. RIBADEO/LA VOZ

RIBADEO

CEDIDA

19 feb 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde o xoves 20?•?Aos anos 20 ímonos a teletransportar este Xoves de Comadres en Ribadeo pois tal é a temática desa primeira xornada de Entroido, emocionante por todo o que se aveciña, no municipio. A edila de Cultura anima «a todas as persoas a participar nos distintos eventos programados este ano 2020, dedicado aos felices anos 20, xogando cos números, e non que tamén se quixo recuperar a tradición dás mascaritas». O programa comezará así este xoves (Teatro, 20.30) na Gala do Pregón do Entroido que dará o xornalista Javier Rivra, participando tamén o coro do Sacro Corazón e os grupos de cantos de taberna En Saias e ás toas. Animarán A Choca e Aturuxo. No desfile do día 25 xa anotan (no teléfono 689 726 351).