Ribadeo inicia unha nova edición de «Aquí? Como de 20!»

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

CEDIDA

16 ene 2020 . Actualizado ás 22:30 h.

O vindeiro luns comezará en Ribadeo unha nova edición do programa «Aquí? Como de 20 !», que leva a cabo nas parroquias, en teleclubs e escolas unitarias, con actividades destinadas preferentemente a xente maior. Divídense en dous grupos: Tardes de Lecer e Movemento Activo, son gratuítas, e hai que inscribirse con antelación, durante esta semana.

Tardes de Lecer desenvolverase en Ove, Vilaframil, Vilela, Cinxe, Rinlo, Cedofeita, Santalla, Remourelle, Vilaselán, As Anzas, Couxela e Ribadeo. O calendario xa está fixado, mentres que o do programa de ximnasia Movemento Activo facilitarase no momento da inscrición. Para que finalmente leva a cabo calquera das actividades é preciso que se apunten un mínimo de seis persoas. Informan o teléfono 652 98 40 54.