Viveiro pode ver como vía Galicia Ruth Matilda Anderson

E. GARCÍA VIVEIRO / LA VOZ

RIBADEO

Xaime Ramallal

Inaugurouse unha mostra fotográfica iniciativa de Afundación, Obra Social de Abanca

03 oct 2019 . Actualizado ás 22:10 h.

Ata o 27 de outubro • Horario: de luns a venres de 8.30 a 15.00 e de 16.30 a 20.30; sábados de 10.00 a 14.00 horas • Salga de Exposicións da Biblioteca Municipal de Viveiro • A alcaldesa viveirense, María Loureiro, xunto ao coordinador de Negocio Institucional de Abanca en Lugo Óscar Rodríguez e o director da zona da Mariña de Abanca Carlos Teijeiro inauguraron a exposición «Unha mirada de outrora. Fotografías de Ruth Matilda Anderson en Galicia» que presentan ao público, ata o 27 deste mes, Abanca, Afundación e Concello de Viveiro. E que é unha excelente oportunidade para admirar fondos da prestixiosa institución neoiorquina The Hispanic Society of America e concretamente as imaxes que realizou Anderson na súa viaxe a Galicia entre 1924 e 1926 a instancias do filántropo e hispanista Archer Milton Huntington. Ademais, reeditouse o catálogo da mostra con máis de 450 fotografías «que constitúe -subliñan- un testemuño dun tempo xa desaparecido» e que está á venda nas sedes de Afundación, tamén na súa páxina web na tenda online da entidade.