O Concello de Ribadeo reclama o pagamento por rozar a maleza en varias parcelas de tres parroquias

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

CEDIDA

O "BOE" recolle a resolución coa relación de propiedades de Arante, Cedofeita e Couxela

21 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A alcaldía ribadense ditou resolucións o pasado día 9 acordando a execución subsidiaria en relación con varias leiras situadas en tres parroquias por atoparse irregulares en canto á xestión de biomasa vexetal e/ou de retirada de especies arbóreas prohibidas, «co fin de protexer ás persoas e bens fronte aos incendios forestais».

O Boletín Oficial do Estado (BOE) de onte publicou a resolución, na que se indica a relación de parcelas que non poden ser notificadas ao non disporse dos datos necesarios. Están situadas nas parroquias de Arante, Cedofeita e Couxela.

Na listaxe aparece tamén o importe da execución subsidiaria, cuxo prezo varía segundo a leira. Oscila entre os 700,01 e os 929,91 euros. Na mesma notificación infórmase tamén de en que contas de entidades bancarias pódese satisfacer a débeda co Concello.

Recurso

Por outra banda, a resolución da alcaldía tamén contempla que contra este acordo se poderá presentar un recurso previo de reposición no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da recepción da presente notificación.

O prazo máximo para ditar a resolución será dun mes a contar desde o día seguinte ao da súa presentación, no prazo máximo de dez días.