A polifónica e o Coro Miserere súmanse aos actos en Ribadeo

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

MIGUEL

Este xoves sairá a procesión dos pasos, unha das máis concorridas

17 abr 2019 . Actualizado ás 22:18 h.

Nos actos relixiosos previstos para este xoves en Ribadeo inclúese ás 19.00 horas, a celebración da Eucaristía da Cea do Señor, coa misa cantada pola Coral Polifónica de Ribadeo, unha colaboración que xa é tradición na Semana Santa ribadense. A continuación sairá a procesión dos pasos (da Paixón do Señor), unha das máis concorridas en Ribadeo, acompañada polo Coro Miserere e o Grupo de Tambores.