Solicitadas xa 42 das 48 prazas da nova residencia de anciáns de Ribadeo

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

JOSÉ ALONSO

Atenderao Mensaxeiros da Paz

17 abr 2019 . Actualizado ás 14:23 h.

En dúas semanas xa son 42 as persoas que solicitaron unha das 48 prazas coas que contará a nova residencia de anciáns de Ribadeo. Practicamente todas son veciños do municipio, a quen se entregou a documentación e realizar un cálculo inicial das cantidades que terían que pagar en caso de acceder finalmente á praza. Esta importante demanda constitúe unha sorpresa, tendo en conta que en Ribadeo funciona outro asilo con máis de 40 prazas. Evidencíase así a necesidade que había de construír un novo.

A apertura non está concretada, aínda que podería ser antes do previsto, mesmo antes das eleccións municipais. Atenderao Mensaxeiros da Paz.