Ribadeo anima a apuntarse na bolsa de emprego de Axuda no Fogar: «Sempre hai traballo»

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

JOSÉ ALONSO

O prazo para inscribirse estará aberto ata principios do mes que vén

17 abr 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O Concello de Ribadeo vai crear unha nova bolsa de emprego temporal para cubrir vacantes no Servizo de Axuda non Fogar. O prazo de 20 días hábiles para presentar as solicitudes comezou o 10 de abril. Desde Servizos Sociais animan a inscribirse, asegurando que «sempre hai traballo», pola rapidez coa que se move a lista. As substitucións realízanse por diferentes motivos: incapacidade temporal; vacacións, licenzas e permisos; xubilación parcial ou anticipada; acumulación de tarefas de carácter puntual do servizo, ou calquera outra que o esixa.