Faleceu Pablo Vizoso Iglesias , empresario expresidente de Acisa Ribadeo

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

FOTO MIGUEL

Fundador da correduría de seguros co seu nome, tiña 66 anos de idade

18 feb 2019 . Actualizado ás 08:36 h.

A Mariña acolleu con conmoción e pesar a noticia da morte de Pablo Vizoso Iglesias , empresario, fundador da correduría de seguros do mesmo nome, que faleceu aos 66 anos de idade vítima dun repentino ataque.

Pablo Vizoso naceu en Benquerencia e desenvolveu o groso da súa carreira profesional en Ribadeo, liderando unha compaña de seguros que se fixo das máis populares na provincia, e que na actualidade conta con delegacións en Ribadeo, Viveiro, Lugo capital e Burela. Pablo Vizoso foi presidente da asociación de comerciantes de Ribadeo, onde desenvolveu unha notable actividade para dinamizar desde esta entidade a economía ribadense. A súa repentina morte causou unha profunda conmoción, ao tratarse ademais dunha persoa moi coñecida.

Este luns ás cinco da tarde será a condución do cadáver desde o tanatorio de Funeraria Ribadense ata o cemiterio parroquial de San Pedro de Benquerencia, onde recibirá cristiá sepultura.