Envorca cun coche en Ribadeo tras circular un quilómetro desde o taller onde llo prestaron

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

FOTO MIGUEL

A condutora foi trasladada ferida o Hospital de Jarrio, no Occidente asturiano

21 novs 2018 . Actualizado ás 08:07 h.

Unha muller resultou ferida nun accidente de tráfico en Ribadeo, ocorrido pouco antes das sete da tarde deste martes, cando se dirixía a entrar na autovía. A vítima circulaba nun coche que lle entregaron prestado uns minutos antes, nun taller situado a menos dun quilómetro de onde se produciu o accidente. A muller superou a primeira rotonda en Dompiñor, e ao dirixirse á segunda, de onde saen os accesos á autovía en dirección a Asturias e Galicia, seguiu recta, entrando na rotonda e caendo co coche por unha pronunciada gabia pola que se evacúan augas pluviais. O vehículo envorcou. A muller presentaba feridas e foi evacuada en ambulancia, finalmente, ao Hospital de Jarrio.