Prenden lume de noite a un colector con coches á beira na rúa Reinante de Ribadeo

Xa se rexistraron actos similares na vila ribadense en setembro e outubro


RIBADEO / LA VOZ

A pasada noite alguén prendeu lume a un colector azul de recollida de papel situado na rúa Reinante de Ribadeo. A situación foi de risco, pois tiña coches preto. Interviñeron os bombeiros e onte pola mañá o colector foi retirado. Xa en setembro e en outubro rexistráronse actos vandálicos consistentes en que alguén queimou colectores de lixo, tamén no centro urbano de Ribadeo. A situación está a suscitar preocupación na localidade e témese que poida ocorrer unha verdadeira desgraza de propagarse as chamas.

Coñece toda a nosa oferta de newsletters

Creamos para ti unha selección de contidos para que os recibas comodamente no teu correo electrónico. Descobre o noso novo servizo.

Votación
0 votos
Tags
Comentarios

Prenden lume de noite a un colector con coches á beira na rúa Reinante de Ribadeo