Os coches clásicos da concentración de Foz tomaron A Mariña

La Voz FOZ / LA VOZ

RIBADEO

JOSE ALONSO

Desfilaron por varias localidades, espertando a atención das persoas que viron os modelos en caravana

17 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Infestado de actividades lúdicas e culturais estivo un fin do semana do ecuador de xuño que marca o final do curso escolar e introduce cada vez máis citas festivas na Mariña. Alí por onde pasaron chamaron a atención os vehículos de máis de 30 anos de idade que participaron na concentración de coches clásicos celebrada en Foz. Foi o caso de Ribadeo, onde os condutores aparcaron ocupando boa parte do parque, para comer ao mediodía.