Visita de alumnos do Gregorio Sanz ao Concello ribadense

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

CEDIDA

Foron recibidos polo alcalde, Fernando Suárez Barcia

16 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Alumnos de terceiro curso de Primaria do CEIP Gregorio Sanz de Ribadeo, acompañados polos seus profesores, visitaron onte o Concello. Tras percorrer as instalacións e coñecer os servizos fotografáronse co alcalde, Fernando Suárez. Repasaron co rexedor os coñecementos adquiridos sobre xeografía e historia local e puideron ver as actas municipais desde o século XVI. Como agasallo recibiron un folleto informativo.