Ribadeo afea á Xunta que só lle asigne sete socorristas tras
o accidente nas Catedrais

La Voz RIBADEO / LA VOZ

RIBADEO

FOTO MIGUEL

O alcalde declárase "tristemente sorprendido" pola escasa colaboración do goberno autonómico

22 may 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

«Tristemente sorprendido». Así manifestou sentirse onte o alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, tras coñecer que a Xunta financiará a contratación de sete socorristas no municipio con cargo ao Plan de Cooperación. Suárez lembra que só nas Catedrais haberá máis e que Ribadeo contou o ano pasado con 23 persoas, entre socorristas e auxiliares médicos.

«Cando pasou ou fatal accidente nas Catedrais, cando morreu unha rapaza, falei coa Xunta e pedinlle un maior compromiso, que nos axudaran e asignasen máis socorristas que ou ano pasado. E dixeron que ían colaborar connosco. Pois xa vese, van financiar 7, vos mesmos que ou ano pasado. Dende logo, ou espírito de colaboración entre administracións brila pola súa ausencia. Por máis que tendemos a man, sistematicamente, xa vese ou que pasa», manifestou Suárez.