Temática diversa en os mellores «castelos de area» do concurso vicedense

La Voz O Vicedo/LA VOZ

O Vicedo

CONCELLO DO Vicedo

Case medio centenar de persoas participaron no clásico certame estival en Abrela

24 ago 2019 . Actualizado ás 16:41 h.

Os gañadores do concurso de castelos de area que se celebrou en Abrela (no 2020 será en Xilloi) no Vicedo foron Leyre e Eloy na categoría de 3 a 5 anos; David e Matías por «Crocodilo» e Clara, Luján e Irene por «Sierna con pelos de algas» na de 6 a 10; Alex, Enma e Sol por «Igrexa» e Swann e Fran por «Piragua» na de 11 a 16; e Carlos, Alejandro e Pedro por «Castelo con montaña» e Héctor, Guillem e Ignasi por «Percebes» na de adultos. O total de participantes foi de 46.