O Vicedo, en risco de perder as súas dúas bandeiras azuis por falta de socorristas

La Voz O Vicedo / LA VOZ

O Vicedo

PEPA LOSADA

Ningún dos chamados á proba de selección de vixiantes quixo o traballo

14 jun 2019 . Actualizado ás 23:37 h.

O ano pasado, o Concello do Vicedo non atopou nin un só socorrista. A consecuencia foi que tivo que renunciar á bandeira azul de Xilloi e Abrela. Este verán, para evitar que sucedese de novo (repite as súas dúas bandeiras azuis), o alcalde, Jesús Novo, lanzou xa no mes de maio a convocatoria pública de emprego de seis socorristas, para traballar dous meses, desde o vindeiro luns, 17 de xuño, ao 16 de agosto. E co engadido de completar un mes máis con cargo ás arcas municipais, segundo explicou onte.

As probas realizáronse esta semana e da longa lista de candidatos que enviou a Oficina de Emprego, apenas se presentou media decena. Todos eles renunciaron ao posto. Novo avanzou que farán outra convocatoria: «Vos que son de Viveiro queren traballar alí e así, nin ofrecendo tres meses atopamos xente»