Extinguido un incendio forestal en Suegos, O Vicedo

La Voz VIVEIRO / LA VOZ

O Vicedo

Pepa Losada

Dous camións do parque de bombeiros de Viveiro sufocaron as chamas

17 novs 2018 . Actualizado ás 20:47 h.

Na parroquia de Suegos, no municipio do Vicedo, rexistrouse este mediodía un incendio forestal. Segundo distintas fontes, o lume comezou nunha zona próxima á igrexa durante unha queima autorizada. Ao parecer, o particular que realizaba a operación, e que tiña permiso, foi quen alertou ao servizo de urxencias 112 a o ver que as chamas se descontrolaban e expandíanse. Ao lugar desprazáronse dous camións do parque de bombeiros de Viveiro, que sufocaron o lume.