Taller de creación cinematográfica e documental en Mondoñedo

La Voz MONDOÑEDO/LA VOZ

MONDOÑEDO

Será esta fin de semana, coa directora Jaione Camborda

14 feb 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

«Introdución ao cinema documental» é o título dun taller de creación cinematográfica que terá lugar esta fin de semana, os días 16 e 17, no Centro Comarcal de Mondoñedo impartido pola directora Jaione Camborda, en horario de 10.00 a 14.30 e de 16.00 a 18.30 para alumnos de 14 a 17 anos de idade. Está organizado polo Concello de Mondoñedo.