O Ministerio de Industria concede a marca «Horta de Mondoñedo» a produtos agrícolas e sementes

La Voz MONDOÑEDO / LA VOZ

MONDOÑEDO

CEDIDA

03 dic 2018 . Actualizado ás 19:21 h.

O Ministerio de Industria, Comercio e Turismo acaba de resolver a concesión definitiva da marca «Horta de Mondoñedo». Así llo comunicou ao Concello de Mondoñedo, que solicitara unha distinción que a partir de agora amparará a unha serie de produtos agrícolas e sementes producidas no termo municipal. Segundo recóllese no documento oficial, trátase «de froitas e verduras, hortalizas e legumes frescos, herbas aromáticas frescas; plantas e flores naturais: bulbos, plantones e sementes para plantar; malta, produtos agrícolas e hortícolas en bruto e sen procesas; grans e sementes en bruto ou sen procesar; todos eles procedentes do municipio de Mondoñedo».

Excepcións, pataca, faba e grelo

A resolución especifica que a pataca será amparada pola indicación xeográfica protexida «pataca de Galicia». As fabas, pola súa banda, serán amparadas pola indicación xeográfica protexida «faba de Lourenzá», e finalmente, os grelos, pola identificación xeográfica protexida «grelos de Galicia».