O alcalde de Foz, pendente de como evoluciona a situación da casa okupada e da preocupación veciñal

La Voz FOZ / LA VOZ

FOZ

Pepa Losada

«Non nos consta que houbera nengún problema a maiores da okupación», explica o rexedor

09 may 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

O alcalde de Foz , Francisco Cajoto, recoñecía este sábado que seguen pendentes de ver como evoluciona a situación da casa okupada de Marzán por varias familias, cuxa situación foi denunciada ante a Garda Civil polo propietario da vivenda situada xunto á fonte de Marzán e deshabitada desde hai uns anos. Carece de luz e de auga.

«Preocúpalle ao Concello esta situación porque hai preocupación entre os veciños», manifestaba o rexedor, que recoñeceu que desde o momento que tivo coñecemento da situación o Concello informouse ás forzas da orde.

«Foz é un municipio tranquilo e preocúpanos a convivencia, pero non nos consta que houbera nengún problema a maiores da okupación. O que si sabemos é que hai preocupación veciñal na zona», explica. Cajoto asegura que, pola información que manexan, a okupación podería ser provisional. No entanto, indica, no Concello non van baixar a garda.

Lugo

Afirma que o departamento de Servizos Sociais realizáronse varias xestións ante outras entidades, unha con sede en Lugo.