O forte vento arrinca chapas nun edificio en Foz e persianas en Burela

La Voz BURELA / LA VOZ

FOZ

PEPA LOSADA

O vendaval non deixa danos persoais polo momento

19 ene 2021 . Actualizado ás 20:33 h.

Os bombeiros reforzaron vixilancia esta pasada noite en previsión pola alerta laranxa por forte vento. Onte o vendaval arrincou chapas dun edificio de Foz, situado na avenida de Sarria. Os bombeiros do parque de Barreiros interviñeron para evitar males maiores. En Burela o vento arrincou as persianas dun piso que non está habitado. Non houbo que lamentar ata entón danos persoais.