Protesta de familias de alumnos polas obras do CEIP 1 de Foz

La Voz FOZ / LA VOZ

FOZ

Cando acudiron a levar aos seus fillos ao centro

20 sep 2019 . Actualizado ás 21:05 h.

Este venres, ás 9 horas, cando acudiron a levar aos seus fillos ao colexio, un grupo de pais e nais concentráronse ás portas do centro para protestar pola falta de información e polas obras que se executan no centro. Tamén criticaron a falta de apoio do Anpa. Este problema divide á comunidade educativa. Na reunión do xoves do Anpa, varios pais pediron explicacións á asociación pola súa postura neste asunto e por non ter celebrado antes unha reunión.