Asemblea de pais e nais de alumnos en Foz hoxe cunha protesta en marcha mañá

La Voz FOZ / LA VOZ

FOZ

19 sep 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Co conflitivo inicio de curso como pano de fondo, cando moitas familias se decantaron por atrasar varios días a incorporación dos seus fillos ás aulas ao estar desconformes coas condicións nas que tiñan que asistir a clase polas obras no CEIP número 1 de Foz, a directiva do Anpa do centro convocou unha asemblea extraordinaria, este xoves ás 20.00 horas, na que se procederá a renovar a propia xunta directiva. Os outros puntos da orde do día son a lectura e aprobación da acta anterior, se procede; as obras que se realizan no centro, e rogos e preguntas.

E o venres, concentración

Aínda que desde a dirección do CEIP número 1 indícase que as clases se están dando con total normalidade e as obras non afectan o seu desenvolvemento, o debate segue latente. E proba diso é a concentración que a través das redes sociais convocaron un grupo de nais de alumnos, chamando a acudir a expresar o seu malestar ante o centro mañá venres