Investigan por que ardeu maleza seca ao lado dun edificio focense

La Voz FOZ / LA VOZ

FOZ

cedida

Policías locais apagárono con extintores

20 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Pasadas as catro da tarde deste luns ardeu unha chea de maleza seca e cortada mentres estaba apoiada na parede dun edificio do centro urbano de Foz. Ao ver o incendio, veciños alertaron á Policía Local de Foz e a Bombeiros de Barreiros. Gardas municipais sufocárono con dous extintores, polo cal non foi necesaria a intervención do servizo contraincendios.

A Policía Local de Foz investiga por que se produciu o lume. Fuentes oficiais engaden que a maleza probablemente procedía da roza nunha leira anexa ao edificio, porque nesa parcela fora cortada.