Foz reordena espazos en Marzán para compaxinar o circo e as prácticas de conducir

María Cuadrado Fernández
M. CADRADO FOZ / LA VOZ

FOZ

PEPA LOSADA

O Concello recibiu queixas de autoescolas da comarca

02 ago 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O anuncio da instalación dun circo do 2 ao 4 de agosto xunto ao pavillón de Marzán provocou que autoescolas trasladasen as súas queixas ao alcalde de Foz alegando que a instalación do circo, que ocupará uns 500 metros, limitaría notablemente a actividade práctica das autoescolas no espazo reservado durante todo o ano para tal fin. O rexedor Francisco Cajoto recoñeceu que antes de dar permiso ao circo consultouse coa Asociación de Autoescolas, aínda que algunhas non integran o colectivo. Tras as queixas, desde o Concello estudaron tres alternativas e optaron por delimitar espazos para facer compatibles ambas as actividades.