Catro detidos dunha banda que perpetrou oito roubos en Barreiros e Foz

La Voz FOZ / LA VOZ

FOZ

E un empresario de Foz, imputado como suposto autor dun delito de receptación

19 jul 2019 . Actualizado ás 22:02 h.

A Garda Civil detivo a catro individuos dunha banda que cometeu oito roubos polo menos en Barreiros e Foz.

Un dos detidos, un mozo portugués de 21 anos, veciño de Foz, foi sorprendido in fraganti roubando no interior do colexio de San Miguel. Entrara anteriormente en cinco ocasiones no mesmo centro educativo.

Adoitaba actuar de madrugada, ao longo das fins de semana. Roubara diñeiro, un computador, etc, causando cuantiosos danos.

Investigado por receptación

Tamén está imputado en calidade de investigado un veciño de Foz, propietario dun local comercial, como suposto autor dun delito de receptación, ao ter na súa tenda o computador portátil roubado no centro escolar de Barreiros, adquiríndoo ao presunto delincuente.

No desenvolvemento desta investigación a Garda Civil detén a outras tres presentas, de 19 a 21 anos, de Sarria, Xixón e Madrid, acusados de roubar nunha tenda deportiva de Foz en maio, onde levaron 140 euros e roupa valorada en 2.400 euros. Tamén son presuntos autores dun roubo cometido nun local hostaleiro en xuño, no que levaron un móbil e diñeiro da rexistradora, causando danos por valor de mil euros. Recuperouse a roupa e desarticulouse a banda.