Piden colaboración en Foz para elaborar as alfombras florais

La Voz FOZ / LA VOZ

FOZ

PEPA LOSADA

A elaboración levará a cabo na madrugada do luns ao martes 16

13 jul 2019 . Actualizado ás 22:40 h.

As alfombras florais son unha tradición en Foz e noutras moitas localidades mariñeiras para a procesión da Virxe do Carmen, Patroa da xente do mar, o vindeiro martes.

Do mesmo xeito que ocorren en Burela e noutras localidades, non sobra «man de obra voluntaria» para elaborar as alfombras florais, que tanto locen o día da procesión e que con tanto fervor pasa a Virxe sobre eles no percorrido da procesión.

Todas aquelas persoas que desexen colaborar este luns nos preparativos das alfombras, seguro que son «benvidas» pola organización.