O Foz perfila o seu novo persoal coas fichaxes de Manolo e Bustelo

i. d. r. FOZ / LA VOZ

FOZ

CEDIDA

O persoal para o curso 2019-2020 está xa case ao completo

14 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

O persoal do Foz para o curso 2019-2020 está xa case ao completo. O cadro mariñán pechou as fichaxes de Andrés Bustelo e Manolo, que se suman a unha lista de altas na que xa aparecían o defensa Dani Sante (San Ciprián), o extremo Álex Paz (Xove Lago) e o dianteiro Miguel Gomes (Burela) e a unha maioría de futbolistas renovados.

No novo proxecto para Preferente Galicia, ás ordes de Jesús Gayol volverá pórse Manolo, un dos goleadores máis reputados da comarca e que xa defendera a camiseta branquivermella no curso 2017-2018, o do ascenso. O burelense regresa con 29 anos tras unha tempada no Riotorto.

Andrés Bustelo, pola súa banda, avalado pola súa capacidade de traballo, volve a Preferente aos 25 con máis galóns tras tres tempadas como referencia no pivote do Xove Lago. O seu primeiro paso pola categoría foi nun Viveiro no que apenas dispuxo de oportunidades tras formarse na súa canteira. O Foz agarda asentarse na categoría despois dos últimos sustos da pasada campaña,