Cajoto expón construír dúas glorietas para axilizar o tráfico na N-642

La Voz FOZ / LA VOZ

FOZ

12 jul 2019 . Actualizado ás 21:08 h.

O alcalde de Foz, Francisco Cajoto, expuxo onte á subdelegada do Goberno, Isabel Rodríguez, a conveniencia de recuperar un vello proxecto de melloras na estrada N-634 en Foz, consistente na construción de dúas glorietas nos puntos quilométricos 39+910 e 40+970, para mellorar o acceso aos barrios de Ribela e Gralleira, en Cangas, e mellorar a seguridade no cruzamento coa estrada a Ferreira (LU-162). Nesta primeira reunión entre ambos, a subdelegada comprometeuse a mediar para tratar de impulsar este proxecto e mellora da seguridade e o tráfico.