A cadea de supermercados Dia pecha a tenda de Foz

M.C. FOZ / LA VOZ

FOZ

M. CADRADO

Un dos catro empregados foi recolocado en Ribadeo, segundo a empresa, que confirmou que o negocio era "deficitario"

15 may 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

A cadea de supermercados Dia clausurou as portas do seu único negocio en Foz. Os clientes atopáronse cun cartel que informa o peche: «A partir do próximo 6 de maio esta tenda estará pechada». Tamén se lles indica que o establecemento do grupo máis próximo atópase en Burela. Desde o gabinete de comunicación de Dia confirmaron que o peche do negocio focense é definitivo. Afirman que esta era unha das 250 tendas a nivel nacional "pouco rendibles" ou "deficitarias" e que, a pesar dos intentos por reflotala, finalmente viuse afectada polo ERE. As mesmas fontes confirmaron que dos catro traballadores, dous eran fixos (un foi recolocado en Ribadeo) e os outros, eventuais. Indicaron non ter coñecemento de máis cambios noutros negocios Dia da comarca.