Unha persoa ferida nun accidente en Fazouro con tres coches implicados

La Voz FOZ / LA VOZ

FOZ

XAIME RAMALLAL

Queixábase de dores nas cervicais e foi trasladada ao hospital

15 abr 2019 . Actualizado ás 21:15 h.

Unha persoa resultou ferida e foi trasladada ao hospital de Burela para a súa observación nun accidente de tráfico con tres vehículos implicados. Ocorreu esta tarde de luns, no cruzamento da estrada nacional en Fazouro, Foz, coa vía que discorre cara a Ferreira. Os tres coches sufriron danos materiais de diversa consideración. A persoa trasladada ao hospital queixábase de dores cervicais