Investigan unha agresión sexual a unha muller que non lembra o que pasou

La Voz FOZ / LA VOZ

FOZ

Á muller atopouna un amigo ao lado dun coche e con algúns golpes; sucedeu na madrugada do venres en Foz

16 abr 2019 . Actualizado ás 07:55 h.

A Garda Civil está investigando unha agresión sexual a unha muller esta fin de semana. Tras abrirse o correspondente protocolo por agresión sexual e confirmado que existiu agresión, os axentes de seguridade tratan de esclarecer o ocorrido.

Ao parecer, todo sucedeu na noite ou madrugada do pasado venres. A muller estaba nun local de lecer tomando algo na zona de Foz, e non lembra máis. Unicamente que a atopou un amigo ao lado dun coche e tiña algúns golpes.

O caso está agora en mans da Garda Civil, tras confirmarse a agresión, que iniciou a investigación para resolver este caso. Descoñécese se alguén puido ter utilizado algunhas sustancias para abusar da muller, como sucedeu noutras ocasións na provincia, concretamente na capital, pero non se deu ningún caso ata o momento na comarca. Os axentes da Garda Civil traballan no caso. La Voz xa informaba este pasado domingo que o sábado se abriu o protocolo habitual por un posible caso de agresión sexual a unha muller, maior de idade, agora constatado.