O vicepresidente da Xunta visitará hoxe en Cervo a residencia de Axuda ao Enfermo Mental

La Voz CERVO / LA VOZ

CERVO

XAIME RAMALLAL

O acto está previsto para as 13 horas

14 ene 2019 . Actualizado ás 09:42 h.

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado pola secretaria xeral de Igualdade, Susana López, visitará hoxe a residencia da Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, en Cervo. Está previsto que lles acompañen os rexedores de Cervo e de Burela, Alfonso Villares e Alfredo Llano, respectivamente. O acto está previsto para as 13 horas.