Recollen firmas desde Burela en protesta por súbaa da luz que asfixia á hostalería

La Voz BURELA / LA VOZ

BURELA

Xaime Ramallal

A campaña impúlsaa o hostaleiro Rubén Pinín, que xa celebrou a primeira cea á luz das velas e ten outras dúas programadas

01 dic 2021 . Actualizado ás 05:00 h.

«Ceas ‘a dúas veas'. Xa abonda da subida das tarifas eléctricas». Baixo este título hase iniciado nas últimas horas desde Burela unha recollida de firmas na plataforma Change.org en sinal de protesta porque o encarecemento da enerxía eléctrica está a asfixiar a sectores como o hostaleiro.

«O prezo excesivo da luz aféctanos a tod\s, pero aos hostaleiros, dado que temos un maior consumo nos nosos locais, aféctanos moito máis que a outros sectores. Se a isto lle sumamos que fomos o sector máis danado durante a pandemia, pois se fai insostible», explica o hostaleiro burelense Rubén Pinín, que lanzou esta recollida de firmas días despois de celebrar no seu restaurante —Contraste— a primeira cea con velas como medida reivindicativa. A súa iniciativa foi aplaudida e xa seguida por outros hostaleiros de Viveiro.