Éxito da Escola de Minitalentos de Academia A Mariña, con prazas dispoñibles

e. g. BURELA/LA VOZ

BURELA

CEDIDA

Funciona ata finais de agosto, con todas as medidas de seguridade polo covid e "bos resultados"

31 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Desde Academia A Mariña subliñan o éxito da edición deste ano, con todas as medidas de seguridade polo covid, da Escola de Minitalentos, anunciando a súa continuidade ata finais de agosto e lembrando o teléfono onde anotar aos nenos: 982 585 098.

“Trátase dun centro de formación seguro que conta con todas as medidas de seguridade e hixiene necesarias para que todos estean a aprender e gozando sen perigo” (Becky Hermida)

O servizo, que funciona de luns a venres en horario de 8.00 a 15.00 para menores de 3 a 11 anos e que os pais poden reservar por semanas, ofrecen aos máis pequenos, indican desde o centro burelense que destaca os bos resultados da iniciativa, "a oportunidade de volver compartir experiencias cos seus compañeiros e profesores e crear un hábito de volta ás actividades educativas, que se viron suspendidas por mor da COVID-19, fomentando a súa creatividade, talento e desenvolvemento persoal, así como o hábito de lectura, entre outras moitas actividades".