Arrinca Amarche, o certame de pintura mural do Concello de Burela

e. g. BURELA/LA VOZ

BURELA

XAIME RAMALLAL

Desenvólvese xa ata o vindeiro domingo día 2 con nove finalistas este ano

31 jul 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

"Vai quedar ben esa estampa de ver como pintan espectacularmente unha serie de debuxos que quedan preciosos e que van completando pouco a pouco ou que é ou muro do porto". Son palabras do alcalde do Concello de Burela, Alfredo Llano, ao fío do comezo este xoves do Certame de Pintura Mural Amarche promovido desde a delegación municipal de Cultura cuxo responsable é José Díaz e cun total de nove finalistas na presente edición. Ata o domingo 2 de agosto seguirán alí dando forma ás súas creacións co mar Cantábrico como testemuña, ademais dos que decidan ver en directo como dan vida á súa arte mural.