Conducir sen carné por Burela pode custarlle 3.600 euros

La Voz BURELA / LA VOZ

BURELA

PEPA LOSADA

Chocou contra un coche aparcado

18 ene 2020 . Actualizado ás 05:00 h.

Conducía sen carné por Burela, chegou a un pub e cando intentaba aparcar chocou coa traseira dun coche estacionado. Marchou ao volante ata que atopou onde deixar o vehículo na contorna do mesmo local. Por eses feitos que relata a Fiscalía será xulgado este luns no Penal 2 de Lugo, onde se enfronta a unha multa de 3.600 euros. A aseguradora do automóbil pagou os danos ao outro coche.