Salvamento remolca ata Burela a un pesqueiro á deriva

La Voz BURELA/ LA VOZ

BURELA

PEPA LOSADA

Unha avaría deixou sen motor ao Mar de Annea

17 ene 2020 . Actualizado ás 12:19 h.

Á deriva quedou na tarde do mércores un pesqueiro de Burela, o Mar de Annea. Saíu no seu auxilio a lancha Salvamar Alioth, con base no mesmo porto, e remolcouno ata o peirao, explican desde Salvamento Marítimo. Unha avaría no motor impedía navegar polos seus propios medios a un barco cuxos tripulantes non sufriron danos, segundo as fontes oficiais consultadas.

Construído no 2016, o Mar de Annea é un barco de 9,95 metros de eslora e casco de poliéster. Dedícase á pesca con artes menores fronte á costa mariñá.