O Congreso Nacional de Artes de Pesca tamén analizará en Burela o mar como fonte de riqueza

La Voz BURELA / LA VOZ

BURELA

PEPA LOSADA

Profesionais de catro comunidades, economistas, ecoloxistas e pescadores recreativos debaterán os días 12 e 13

05 dic 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Pescadores profesionais de catro autonomías, ecoloxistas, economistas e pescadores deportivos participarán en Burela no primeiro Congreso Nacional de Artes de Pesca, que se celebrará en Burela os próximos días 12 e 13. Ademais da actualidade do sector, analizarán o mar como fonte de riqueza en distintas áreas.

Organizado pola Fundación Expomar, o simposio centrarase nas artes tradicionais de pesca en Galicia, Valencia (O Palmar), Baleares e Andalucía (Tarifa). Tamén se falará da substitución xeracional, das «boas prácticas para unha pesca sostible» e da xestión dos portos galegos. Outros temas a debate serán a capacidade de crecemento do sector, a conexión do mar coa área rural a través do turismo ou a pesca recreativa en Galicia. A innovación na pesca profesional completa un extenso programa que incluirá conferencias e mesas redondas. O congreso comezará o día 12 pola tarde e continuará o 13 pola mañá.

Burela será, ademais, escenario do Congreso Infantil Conservemos ou Noso Mar, que se celebrará o 12 pola mañá.