Burela, a suor máis solidaria

La Voz BURELA / LA VOZ

BURELA

CEDIDA

O festival Ás dá Vida volveu recadar miles de euros

23 sep 2019 . Actualizado ás 21:41 h.

Ao redor de duascentas persoas competiron onte en Burela nas diferentes carreiras do festival Ás dá Vida. As probas deportivas de pola mañá foron o brillante remate a un evento que se iniciou xa o sábado cunha camiñada solidaria. O tempo inestable provocou que participase algo de menos xente que o ano pasado, pero en todo caso o fixeron máis de 500 persoas. Foi un éxito, de novo, coas diferentes actividades organizadas, desde a festa infantil á chocolatada. Porque este evento, a falta de cuantificar algunha subvención pendente, suporalle ingresar a Debra Pel de Bolboreta, unha asociación de afectados por unha enfermidade rara, ao redor de dez mil euros.

Desde a organización mostrábanse este domingo moi agradecidos e fixeron unha valoración moi positiva, porque deste ano quedan detalles para o recordo, como a implicación dos atletas, que non faltan á cita ano tras ano; o feito de que a paralímpica campioa do mundo Susana Rodríguez Gacio fixese bos os prognósticos e gañase a carreira de sete quilómetros; a actuación da banda da Fundación Eu Son, ou o ambiente festivo e de compañeirismo que se respirou na praza.