A pesca de Burela busca máis eficiencia enerxética

La Voz

BURELA

PEPA LOSADA

Expertos explican aos armadores opcións para reducir custos

19 jul 2019 . Actualizado ás 05:00 h.

Mellorar a eficiencia enerxética dos pesqueiros, con idea de reducir custos de explotación, é un «obxectivo prioritario» para os pesqueiros de Burela. Por iso onte varios armadores asistiron a un taller onde expertos expuxeron innovacións. Promovido pola Organización de Produtores Pesqueiros de Lugo, colaborou Armadores de Burela, en cuxa sede se celebrou.