Condutas agresivas no PAC de Burela e pelexa nun bar da localidade

La Voz BURELA/ LA VOZ

BURELA

PEPA LOSADA

A Garda Civil interveu nos altercados, a medianoite e de madrugada

11 jul 2019 . Actualizado ás 21:24 h.

A Garda Civil tivo que asistir na madrugada deste xoves a senllos casos de condutas agresivas que se deron na Casa do Mar de Burela e posteriormente no Punto de Atención Continuada (PAC) da mesma localidade. No primeiro caso sucedeu ao redor da medianoite e logo no PAC sobre as tres da madrugada. Os axentes controlaron a situación. Tamén en Burela a Garda Civil atendeu unha denuncia por danos por mor dunha pelexa que tivo lugar nun bar da localidade, no bar Rompeolas; descoñécense as causas.