Burela está xa en modo festa

La Voz BURELA/LA VOZ

BURELA

XAIME RAMALLAL

Na tarde do venres será a procesión de baixada da Virxe do Carme á igrexa parroquial e mañá o pregón en clave feminina

23 may 2019 . Actualizado ás 23:03 h.

Desde o venres 24 de maio ao 4 de xuño • Hoxe, na igrexa de Vila do Medio ás 21.00 horas • Chegou o día sinalado no calendario festivo local, despois de ao redor de 360 de espera. Comezan as festas patronais de Burela, organizadas pola comisión e cun claro protagonismo feminino este ano pois serán as «Mulleres do mar» as que este sábado 25, darán o pregón, no auditorio a partir das 20.00 horas. Aínda que primeiro toca informar os actos do primeiro día, previstos para este venres 24. Haberá misa en honra á Virxe do Carme na igrexa de Vila do Medio e ao finalizar a mesma, aproximadamente ás 21.30, baixarán as imaxes en procesión ata a igrexa parroquial, acompañadas polo grupo de música tradicional de S.C.R. Ledicia.

Tamén haberá outro sinal, neste caso lumínica, que nos indicará que Burela xa está en modo festa total, ata o próximo 4 de xuño. Neste venres estrearase a iluminación festiva das rúas e prazas do municipio.