O Porto en Burela mostra o seu cariño a Gloria González no seu 90 aniversario

Yolanda García Ramos
yolanda garcía BURELA / LA VOZ

BURELA

Cedida

Agora foron os veciños os que lle brindaron outro recoñecemento

15 ene 2024 . Actualizado ás 10:47 h.

Foi toda unha sorpresa para ela. Non a agardaba. Gloria González Niñe, Gloria do Corneta, volvía ser protagonista en Burela, esta vez polo recoñecemento público que lle quixeron brindar os seus veciños co gallo de o seu 90º aniversario. Estaba feliz por esta homenaxe, que segue ao que tivo o pasado día 19 de xaneiro aínda que no ámbito familiar. Nesta ocasión, contaba onte Maite Lanza, unha das persoas que non quixo perderse a cita, non só acudiu xente que mantén a súa residencia na zona do porto senón tamén aquela que naceu ou viviu alí aínda que agora estea asentada noutros lugares.

Tal e como se demostrou, Gloria González é, sin duda, unha das persoas máis queridas neste recuncho burelense. Por diferentes razóns, ademais. «A min -lembrou onte Maite Lanza- coidábame de pequena. Ela non tivo fillos pero coidaba aos nenos do barrio pois gustábanlle sempre vos nenos. Foi como a nosa ‘tía' a maiores. Durante vos seus 90 anos fomos moitas as persoas que medramos a lado dela».

Conta que Gloria botaba onte de menos a veciños que xa non están hoxe presentes, por exemplo Vita ou María A xorda, das máis próximas a ela. «De feito, de casualidade levaba unha peza que fora de Vita», comenta Lanza. A Gloria acompañárona tamén outras veciñas que creceron con ela como Consuelo , Eulalia, Josefa... A homenaxeada demostrou onte que segue moi activa e cantou e bailou na comida que houbo na Lonxa e non dubidou en comentar que era máis feliz «que Letizia». Era a «raíña».