Concerto de Kevin Weatherill, solista de Inmaculate Fools, en Katana

La Voz

BURELA

MARTINA MISER

01 jun 2018 . Actualizado ás 05:00 h.

Kevin Weatherill, solista do grupo británico Inmaculate Fools, deleitou coa súa actuación ás 400 persoas que asistiron á súa actuación na discoteca Katana. Kevin fixo gala dunha profesionalidade que sólo teñen as estrelas. Finalizou cantando a un tempo con Nordés, o grupo de mozos que actuou previamente. Ver cantar a un número uno en listas británicas foi, sen dúbida, un luxo ao alcance.

Días antes pasaría por rádioa Antena 3 A Mariña

Sen quitarse as súas características lentes, que lembran algo a Lennon pero con cristais escuros de trobador de finais de século, actuou, en directo, en Antena 3 A Mariña. Kevin Weatherill, cantante e líder do grupo británico Inmaculate Fools, chegou o martes á comarca, onde actuará nunha festa organizada polos alumnos do instituto de Burela para recadar fondos destinados á viaxe de fin de curso. A actuación será o venres, a patir das nove da noite, en Katana.

Kevin, nunha entrevista realizada por Mar García Balseiro e Chus Docal, no programa «Viva a Xente da Mariña», falou da súa música, da súa vida artística ?algo tamén da privada? e cantou. Ao músico británico acompañouno (e fixo de intérprete) Francisco Javier Schofield, amigo de Kevin, profesor de inglés no instituto de Burela e quen fixo posible a presenza do cantante na Mariña.

É a primeira vez que o líder dos Inmmaculate Fools viaxa á costa lucense, pero xa coñece ben outros lugares da provincia. Como Guitiriz, onde viviu algún tempo e onde se dixo ?parece que produto dalgún mal entendido? que tiña unha noiva. Ri cando se lle lembra ese episodio e comenta o título dunha canción do último disco do grupo, Cotillas, para a que, por certo, contaron coa colaboración musical das gaitas de Xormolos. A cuestión despáchaa pronto: «Hai moitas razóns que me ligan a Galicia».

Anteriormente, no ano 1991, houbo presenza nese verán de Inmaculate Fools en Ribadeo. E o 22 de maio de 2004, de Kevin Weatherill no 50 aniversario do IES San Rosendo de Mondoñedo.